O sábado 23 de decembro, Concerto de Nadal da Banda de Música Isabel II de Touro

Fonte Díaz. 21 de decembro de 2017. O próximo sábado, 23 de decembro, será o Concerto de Nadal da Banda Xuvenil e Banda Isabel II de Touro. A cita coa banda xa é unha tradición nestas datas. Será na Casa de Cultura a partir das 17.30 horas. Os veciños e forasteiros poderán disfrutar dun concerto dos alumnos e alumnas da Escola da Banda de Música Isabel II de Touro, que farán mostra das súas habilidades musicais; dun pequeno concerto de estreo da Banda Xuvenil e da intervención da Banda Isabel II de Touro. Tamén se procederá á entrega de premios aos gañadores do XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes e dos diplomas de participación a todas as persoas que presentaron algunha obra no concurso. Será unha tarde para desexar boas festas e un anticipo da chegada do Nadal e do novo ano.

A fotografía corresponde ao concerto do ano pasado.