Concerto de Nadal e entrega de premios do concurso de fotos

O tradicional concerto de Nadal volve sumar unha característica especial este ano e é que a Banda Isabel II acaba de cumprir 15 anos. Ademais, contaremos por segundo ano coa Banda Xuvenil para amenizar esta gran xornada na que se fará entrega dos premios do XII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes.

Como novidade este ano, desde a propia exposición ou a través das redes sociais, o público elixirá un novo gañador deste concurso, cuxa obra será reproducida no anuario do próximo ano.