Local de Baños de Brandelos

A Área Recreativa de Brandelos termina o ano coas miras postas na pronta reapertura do seu local de baños para o goce das súas augas sulfurosas. Así, o acondicionamento levado a cabo no seu exterior foi complementado coas obras de mellora no seu interior, sempre na procura do maior confort dos usuarios.

Tamén se buscou documentar o uso destas augas ao longo da historia, ao mesmo tempo que se recollían apuntamentos das súas festas e a súa antiga feira. Referencias que se poden consultar no libro de firmas que estará a disposición dos agüistas e que calquera interesado poderá consultar na páxina web do Concello.