16 veciños e veciñas de Touro aprenden a manexar o desfibrilador


Fonte Díaz. 27/11/2017. Dezaséis veciños e veciñas de Touro aprenderon este fin de semana a manexar o desfibrilador. Durante toda a xornada do sábado os participantes aprenderon nocións básicas sobre primeiros auxilios e aprenderon a manexar o desfibrilador, formación imprescindible en todos os ámbitos da nosa vida. O curso foi impartido por expertos da Cruz Vermella en xornada de mañán e de tarde na Casa da Cultura de Touro. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e a concelleira de Cultura, María Vitoria Pazos Pérez, foron os encargados de entregar os diplomas de asistencia no remate do curso. O alcalde destacou o interese que despertou este curso e tamén indicou a súa utilidade.