O Concello de Touro implícase na loita contra a violencia de xénero

Fonte Díaz. 25 de novembro de 2017. O Concello de Touro maniféstase con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, contra todo tipo de violencia exercida contra a mulleres e mostra o seu apoio incondicional ás victimas da violencia de xénero e as súas familias. Como cada ano o Concello de Touro organizou varias actividades encamiñadas a concienciar aos veciños e veciñas sobre a lacra que supón a violencia de xénero. Este ano como novidade, os Servizos Sociais do Concello, a través da psicóloga Nieves González Mujico, organizaron unha xornada dirixida aos integrantes do Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I. Nesta actividade organizáronse varios obradoiros educativos sobre a violencia de xénero. Os alumnos implicáronse coa causa de loita para facer fronte á violencia física e psicolóxica contra as mulleres. O Departamento de Servizos Sociais de Touro contou, para deselvover esta programación, coa colaboración da educadora social Patricia Fernández García e da directora do Centro de Información á Muller de Boqueixón Cristina Carbajales Nouriño.