Exaltación dos productos de outono e IX Feria da Castaña

Do 31 de Outubro ao 5 de Novembro

Comezamos o mes homenaxeando os sabores do outono: cabazas, berenxenas, figos, cogomelos e como non, DONA CASTAÑA. Un ano máis, o concello de Touro festexará os seus produtos, acompañados doutra das súas actividades estrela, típica destas datas, a caza.

Así, a primeira semana do mes de novembro, a capital do municipio levará a cabo a súa particular celebración do outono con roteiros de tapas, micolóxicos, charlas, concursos, degustacións, etc.

Todas as actividades son unha celebración en sí, pero a exaltación dos produtos de outono conta coa súa festa grande o domingo día 5, coa novena edición da Feira da Castaña.

As cores, cheiros e sabores de outono, en todas as súas variantes, farán as delicias de todos os que se acheguen a gozar desta especial xornada de exaltación dos nosos produtos máis típicos da tempada.