Vinte desempregados inician hoxe o ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I’, impulsado por Touro e O Pino, co obxectivo de buscar unha saída profesional no mercado laboral

Os alumnos especializaránse durante nove meses nas Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría

Fonte Díaz. 29/09/2017. Vinte alumnos (10 de Touro e outros 10 do Pino) comenzan hoxe na Casa da Cultura de Fonte Díaz (Concello de Touro) a súa formación no ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I’, promovido polo concello de Touro e conveniado co Concello do Pino. Estes dous Concellos solicitaron á Consellería de Economía, Industria e Emprego o ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I’ na especialidade de Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría. Durante nove meses os 20 alumnos desempregados formaránse e adquirirán coñecementos que lles permitirán dar o salto cara o mercado laboral. Recibirán, no remate do obradoiro, certificados de profesionalidade nun sector no que existe unha demanda laboral real.

Os participantes no ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I’, que percibirán unhas retribucións que lle corresponden de conformidade co previsto na normativa vixente, está inscrito nunha acción global que desenvolven os Concellos de Touro e O Pino e que ten como obxectivo a posta en valor do patrimonio natural e a inserción laboral de desempregados. Os dous Concellos tamén pretenden con esta acción mellorar a ocupación das persoas desempregadas neste territorio coa cualificación profesional adquirida a través da experiencia laboral mediante a realización de obras ou prestación de servizos de utilidade pública ou interese social. O personal do obradoiro estará integrado por un director, dous mestres da especialidade, dous mestres de formación complementaria e un auxiliar administrativo.