Veciños de Touro, de excursión en Asturias

Fonte Díaz. 25/09/2017. Un grupo de 60 veciños e veciñas de Touro viaxaron a pasada fin de semana a Asturias para coñecer e disfrutar do Principado. A excursión, organizada polo Concello de Touro, comenzou o sábado, 23 de setembro. Saíron de Touro a primeira hora e ese días visitaron Cudillero e Xixón. Os excursionistas fixeron noite en Oviedo, cidade que este fin de semana celebrou as súas festas de San Mateo. Alí os veciños e veciñas de Touro, que estiveron acompañados polas concelleiras de Deportes, Adela Iglesias, e de Educación, María Victoria Pazos; aproveitaron para probar a sidra nas sidrerías de Oviedo. Xa onte, 24 de setembro, os participantes na excursión visitaron Covadonga e Cangas de Onis. O Concello de Touro xa traballa na organización das excursión previstas para o próximo ano 2018.