Touro acondiciona os centros sociais das parroquias

Fonte Díaz. 06/09/2017. O Concello de Touro está acondicionando durante os meses de bo tempo alguns dos edificios e instalacións de uso social que están ubicadas nas parroquias. A cuadrilla municipal contratada polo Concello de Touro adícase á posta a punto destas instalacións para que os veciños poidan utilizalas durante o ano. A cuadrilla de traballadores do Concello de Touro traballa estes días na reparación do local social da parroquia de Ribeira, na beira do río Ulla. Alí están pintando o exterior do edificio, que anteriormente acolleu unha escola pública. Os traballadores contratados polo Concello de Touro para estas tarefas seguirán desenvolvendo o acondicionamento destes espazos durante os próximos meses. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas pola veciñanza. O obxectivo do Concello é ir complentando durante os próximos anos o traballo de restauración e rehabilitación dos centros sociais e edificios de uso público xa iniciado tamén en anos anteriores.