Touro homenaxeou a máis de 700 maiores na súa XXV Festa da Terceira Idade

TOURO. 13 de agosto de 2017.O Concello de Touro reuniu hoxe domingo, 13 de agosto de 2017, en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe de cada ano. Ao XXV Encontro da Terceira Idade de Touro acudiron máis de 700 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse máis do 20% dos habitantes de todo o Concello de Touro para xantar xuntos. Foron as bodas de prata da Festa dos Maiores de Touro. O xantar celebrouse na zona de servizos de Fonte Díaz, onte están ubicadas a nova Casa da Cultura, o novo PAI, a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu hoxe aos maiores que ata alí se achegaron.

Acudiron máis de 700 maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. Os dous veciños con máis anos, muller e home, recibiron un recoñecemento de más do alcalde de Touro, Ignacio Codesido. E foron Obdulia Seijo Méndez, natural de Loxo e nacida no ano 1919. Conta, polo tanto, con 98 años. E José Codesido, da parroquia de Touro e nacido no ano 1925. Este veciño xa ten 92 anos cumplidos en marzo.

O inicio da XXV Festa da Terceira Idade estivo a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou vários temas para os presentes. A contnuación, os asistentes participaron nunha misa campestre, que finalizou arredor das 14.00 horas. Trala misa comenzou o xantar. O comedor para máis de 700 persoas instalouse na área de lecer baixo dúas grandes carpas. Ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas (queixo con marmelo e xeado). Os maiores de Touro tamén poideron disfrutar da música. A festa estivo amenizada, ao remate do xantar, polo dúo 'Eva e Camilo'. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.