‘Touro. Os novos tempos’, un documental que pon en valor a iniciativa empresarial no rural

Arredor de 200 veciños e veciñas de Touro asistiron no Pazo de Andeade á estrea do documental que mostra o empuxe e o risco que correron e asumiron os emprendedores do Concello de Touro que foron quen de sacar adiante iniciativas empresariais nos máis diversos sectores y convertilas nun referente

Andeade. Touro. 19/07/2017. O pazo de Andeade, no Concello de Touro, acolleu onte á tarde a proxección de ‘Touro. Os novos tempos’, un documental que pon en valor a iniciativa empresarial no rural. Ata alí achegáronse arredor de 200 veciños que quiseron presenciar o documental sobre a industria no rural. A iniciativa foi impulsada polo Concello de Touro e Xurdir SL en colaboración con Marma Ideas. O documental mostra “que este mundo existe”, según destaca o responsable da Finca La Asunción de Touro. Carme Pampín, CEO de Galmichia, unha empresa instalada no Concello de Touro e que espera a que o novo Parque Empresarial esté listo para instalarse, apostou para que esta iniciativa “sexa o xermen de algo máis”. O alcalde, Ignacio Codesido, pola súa banda, destacou as iniciativas empresariais que existen en Touro. E valorou a iniciativa porque, según dixo, “se non se arrisca non se sae nada”.

O documental, de case unha hora de duración, aborda o caso de varias iniciativas empresariais que se desenvolveron ao longo do tempo no Concello de Touro. Son iniciativas empresariais do máis variado e que se convertiron nun referente. Algunhas teñen que ver co eido rural, pero outras son apostas de empresarios que dediciron instarlarse no Concello de Touro cando ao mellor tiña máis ventaxas instalarse nunha cidade galega. No documental fálase das panaderías que no Concello fan o mellor pan; da Finca La Asunción, na vangarda da gandeiría; de Madeiras Bouzas, que diversifica e fai caixas de viño para medio mundo; de Dona-Dana, una sala que chegou a convertir Touro no epicentro da diversión en Galicia; de GalChimia, una empresa biotecnolóxica con clientes en varios continentes; de Iougures Gur Gur, una iniciativa que diversifica na producción leiteira; do Pazo de Andeade, un proxecto de hostelería no rural; de Francisco Gómez, unha constructora que leva facendo estradas dende hai décadas; de Queizúar, una fábrica de queixos en Bama que tamén avanza no I+D; ou de Ten e Tyrma, dous proxectos que axudan a cuidar o noso medio ambiente. Os responsables de cada unha destas iniciativas e de outras puxeron en valor os proxectos empresariais que se desenvolven no rural.

Pero antes da proxección do documental no pazo de Andeade os veciños e veciñas de Touro que ata alí se achegaron asistiron a unha mesa redonda na que participaron Juan Cividanes, director do Igape; Ignacio Codesido, alcalde de Touro; José Alfonso Gómez Corzo, presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa; e Luis Caramés Viéitez, catedrático de Economía Aplicada da USC. Moderou José Antonio Gómez Pedreira, secretario do Concello de Touro.

José Alfonso Gómez Corzo, foi o primeiro en intervir. Destacou as ventaxas de investir no rural. “Temos calidade de vida, os costes son máis axeitados, o solo é máis barato que nas ciudades e temos a fidelidade dos nosos clientes”. E falou do Concello de Touro. Ao seu xuizo, “Touro é o enclave perfecto para crear unha empresa pola súa ubicación”. Pero tamén fixo peticións como “poñer en marcha viveiros para empresas, máis solo industrial, eliminación de trámites, axilidade nas xestións, redes de asesoramento”.

Pola súa banda, Luis Caramés, dixo que tamén se pode “vivir a globalización dende o rural”. “O local e o global poden convivir”, engadiu na súa intervención. “Tamén destacou que a disponibilidade de chan é un factor necesario e de competitividade”, ainda que neste caso tamén apostou por utilizar o “sentidiño”. “Fai falta, pero non todo se arranxa con chan”. Luis Caramés falou da formación das novas xeracións. “Temos que ter disponibilidade de formación para crear riqueza”. E lamentou en moitos casos “a carencia de man de obra cualificada para o sector productivo”. Asimemo lamentou que “o desenvolvemento local teña que enfrentarse a restriccións crediticias”. Por último, fixo una aposta polo “risco” de emprender no rural porque “o empresario é fundamental". Na súa opinión, “ser empresario é unha actividade honorable que xenera riqueza”.

Juan Cividanes, director o Igape, falou do compromiso da Xunta coa actividade económica no rural. “Queremos dinamizar actividades paralelas ás tradicionais, dar valor engadido e xerar calidade de vida”. Falou das infraestructuras para disfrutar do rural e destacou que dende a Administración galega trátase de “dar oportunidades para que os galegos poidamos emprender”.

O alcalde de Touro pechou as intervención antes de que o público asistira ao documental. Ignacio Codesido dixo que o risco vai sempre acompañando aos emprendedores. “Se non se arrisca non se fai nada”, apuntou. E pediu tamén que a Administración fora sempre acompañando aos emprendedores.

Carme Pampín, CEO de Galchimia, tomou a palabra, tras a intervención dos membros da mesa redonda, para felicitar ao Concello de Touro pola idea do documental e desexou que “sexa o xermen de algo máis”. Lamentou que as empresas que queren instalarse no Polígono Emprearial “sigamos esperando”. Ao seu xuizo, “moitas empresas poderían instalarse aquí”, pero “seguimos sin solución”. Carme Pampín solicitou aos representantes da administración presentes “unha solución”. O director do Igape respostou ás cuestións de Carme Pampín. “É o momento de axilizar os polígonos e planificar solo industrial”. “É o momento de facer cousas e de dar expectativas aos emprendedores”, destacou.