Teatro para adultos: "O Candil"

 
 
O Candil é unha obra interactiva de teatro musical para adultos que xira en torno ás cancións do noso cancioneiro popular, sabidas por todos. A música e as voces son en directo e o público participa no espectáculo como convidados a unha festa clandestina no Pabillón Lino da Coruña, en 1919. Nesta comedia de variedades, faise un percorrido pola historia de Galicia e os inicios da muller no na industria durante os tolos anos 20.
 
 
Sábado 27 de novembro ás 17:00h. na Casa da Cultura.
 
Inscricións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
981 504 029

Chama e anótate!