Instituto Galego da Vivenda e Solo. Axudas ao alugamento de vivendas do Plan estatal de Vivenda 2018-2021 - VI432A

Tipos de axudas
 
Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

Liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente: a súa finalidade é facilitar o acceso ao desfrute dunha vivenda digna e adecuada, en réxime de alugamento, a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas inquilinas.
Attachments:
Download this file (Axudas aluguer2021.pdf)Axudas aluguer2021.pdf[ ]126 kB