A partir de hoxe pódense solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados.

A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde hoxe, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.
Polo tanto, poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56506/partir-mana-poderan-solicitarse-novo-permisos-para-realizar-queimas-restos-agricolas?fbclid=IwAR0aLtr67IfrjcGseJOojdPVtejmbXdTnVP7Ziqzl3TDAikGmyPaqEuZx5Y