A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ

Unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos

Onde?             Pistas da Praza do Luar, Fonte Díaz

Cando?           Venres, 4 de setembro de 2020 ás 18 horas

Público?          Infantil, a partir de 3 anos

Tempo?           60 minutos

Que pasa logo da morte? A nena e o grilo máis aló é unha divertida historia que nos transporta ás buscas máis insólitas, porque sen querer esmagan a súa amiga Xertrude, a araña, e buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos.

A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (18h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.