O Concello de Touro distribúe 54.000 máscaras entre a veciñanza para seguir mantendo a raia á Covid19

Fonte Díaz. Maio de 2021. O Concello de Touro distribuíu entre a veciñanza un total de 54.000 máscaras para seguir facendo fronte á Covid19 e manter afastado o coronavirus. Nos últimos días o Concello de Touro repartiu nos fogares das 19 parroquias que integran o municipio un total de 10 máscaras cirúrxicas e cinco máscaras FFP2 para cada persoa sexa adulto ou menor. O Concello de Touro continúa facendo un esforzo para que os seus veciños e veciñas conten coas ferramentas para manter a raia a Covid19. O alcalde, función que neste momento recae en Alfredo Souto Castelo, agradece a colaboración da veciñanza para combater o coronavirus. “O Concello de Touro está logrando manter unha insignificante incidencia de casos de Covid19 na súa poboación; e iso e gracias ao compromiso de todos e todas”, destacou. 

O Concello de Touro, a pesar do fin do estado de alarma e do toque de queda o pasado día 9 de maio, quere lanzar unha mensaxe de concienciación para que toda a veciñanza continúe mantendo todas as precaucións fronte ao coronavirus. Os veciños e veciñas que ainda non recibirán ás máscaras poden poñerse en contacto co propio Concello, desde onde se recomenta ter presentes as tres M: uso da Máscara en todas as situacións, manter a distancia de 1,5 Metros e a desinfección e lavado de Mans.