Desde o día 15 de Xaneiro, o Concello de Touro estará no nivel de restriccións MEDIO-ALTO

NIVEL MEDIO-ALTO EN TODA A COMUNIDADE GALEGA, SE BEN, NAS ZONAS DE MAIOR INCIDENCIA APLICARASE O NIVEL DE MÁXIMA RESTRICIÓN. MANTENSE O PECHE DA COMUNIDADE.

DESDE O DÍA 15 DE XANEIRO, O CONCELLO DE TOURO ESTARÁ NO NIVEL DE RESTRICIÓNS MEDIO-ALTO

MEDIDAS PARA OS CONCELLOS CO NIVEL MEDIO-ALTO

 

Ademais da recomendación básica de que se faga o esencial, exclusivamente: acudir ao médico, ao colexio, ao traballo –incidindo no teletraballo, sempre que sexa posible-, ao coidado de menores e maiores e á compra dos enseres indispensables, hai determinadas restricións que se deben coñecer e cumprir de forma escrupulosa.

As reunións serán dun máximo de 4 persoas; o toque de queda adiántase ás 22 horas; o horario de peche do comercio fíxase ás 21,30 horas; os centros recreativos turísticos ou similares terán un aforo do 50% -cando haxa grupos, serán de 4 persoas máximo-; e a hostalería e restauración poderán abrir ata as 18 horas, cun 30% de aforo no interior e do 50% nas terrazas, podendo manter a entrega a domicilio.

A partir das 18 horas, a actividade da hostalería e restauración non estará permitida,e tampouco se deben, a partir desa hora, reunir non conviventes nos domicilios.

En canto ás actividades deportivas non federadas: os grupos serán dun máximo de 4 persoas e, nos espazos interiores, o aforo tampouco pode superar o 50%. No comercio, o aforo nas tendas tamén segue á metade, pero reforzarase a vixilancia nos centros comerciais, onde quedará prohibido permanecer nas zonas comúns, permitíndose só o tránsito para entrar e saír das tendas.

Por outra banda, nos cines, teatros e auditorios: haberá que estar sempre sentados, mantendo a distancia de seguridade, cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre; e as visitas hospitalarias se circunscriben a unha persoa por paciente en todos os hospitais do Sergas, salvo casos excepcionais.

Respecto á mobilidade, os concellos que se atopan neste nivel medio-alto non se pechan, agás nas tres cidades que están neste nivel: Lugo, Pontevedra e Vigo. A recomendación é que se limite a mobilidade ao máximo posible.

 

CONCELLOS DE NIVEL MÁXIMO

Os 60 concellos que estarán as vindeiras semanas no nivel máximo de restricións son:

  • Provincia da Coruña: A Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Carballo, Santiago de Compostela, Ames, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia, Ferrol, Narón, Fene, Cee, Camariñas, Cerceda, Laxe, Vimianzo, Cabanas, Pontedeume, Ortigueira, Outes, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Melide, Oroso, Trazo e Val do Dubra.
  • Provincia de Lugo: Vilalba, Viveiro e Xove. Na provincia de Ourense: Ourense, Barbadás, Carballiño, Verín, Allariz, Monterrei e Xinzo de Limia.
  • Provincia de Ourense: Allariz, Barbadás, Monterrei, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia.
  • Provincia de Pontevedra: A Estrada, Poio, Bueu, Moaña, Baiona, Ponteareas, Redondela, A Guarda, Tomiño, Tui, Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa, Valga, Pontecesures, Caldas de Reis, Cuntis, Oia, O Rosal e Salvaterra de Miño.

Nestas zonas, o interior dos centros de hostalería e restauración permanecerán pechados e só se permitirá atención nas terrazas ata as 18 horas, ou a entrega a domicilio sen límite. Ademais, os establecementos de xogo non poderán abrir as portas; os centros comerciais reducirán o seu aforo ao 30%.

Para os concellos co nivel máximo, a mobilidade non se permitirá máis aló dos perímetros de cada concello, quedando illados de xeito individual. Esta restrición tamén se aplicará no caso das cidades que están a nivel medio-alto (Pontevedra, Vigo e Lugo).