San Pedro de Ribeira celebrou a Festa da Areeira á beira do río Ulla

San Pedro de Ribeira. 13 de maio de 2019. Xa comenza a ser tradición. O segundo domingo de maio dende fai cinco anos os veciños de San Pedro de Ribeira e doutras parroquias do Concello de Touro reúnense á beira do río Ulla a xantar e a pasar un día de lecer. Manuel Codesido, veciño de Ribeira, é un dos recuperadores e impulsores da Festa de Areeira, en San Pedro de Ribeira. Onte houbo empanada, pulpo, churrasco, postre e viño para todos os veciños e forasteiros que ata alí se achegaron. O día asollado axudou a que a xornada fora completa. Onde se celebra a festa é unha zona na beira do río Ulla, baixo unha carballeira. Antiguamente, nas festas de San Pedro de Ribeira, que son a finais de xuño, os veciños e veciñas de outras parroquias como Fao, Touro ou Loxo achegábanse ata esta zona cas súas merendas e aí facían unha romería campestre que sempre incluía o baño no río. Esta zona é idónea para bañarse. Aquí o Ulla discorre tranquilo e fai remansos nos que se pode disfrutar da auga. Onte moitos dos asistentes mollaron os pes na auga. Baixo a sombra dos carballos corría unha brisa que traía o fresco da auga do ría para axudar a combatir a calor, según apuntaron os que ata alí foron. Este é o quinto ano que se celebra a Festa da Areeira, que leva ese nombre porque o Ulla presenta unha zona de area e forma unha pequena praia fluvial. Antiguamente sacábase de esta zona a area para construir as casas. Manuel Codesido asegura que a intención é recuperar esta festa e romería e celebrala todos os anos no segundo domingo de maio. O bo tempo axudou.