Touro pechou as XIV Xornadas Micolóxicas cun roteiro guiado polo micólogo da USC Martín Souto

Fonte Díaz. 04/11/2018. Touro pechou a súas XIV Xornadas Micolóxicas cun roteiro polos bosques do Concello guiado por Martín Souto, micólogo da Universidade de Santiago de Compostela. A chuvia que caeu durante o día non desanimou aos amantes dos cogumelos e fungos que participaron nestas xornadas que xa son referencia na comarca de Santiago. A cita foi no Centro de Interpretación do Río Ulla (CIRU), onde se citaron ás 11.00 horas os asistentes. Martín Souto foi o encargado de facer de guía e experto na captura de cogumelos e fungos. Os montes do Concello de Touro, fundamentamente na beira do río Ulla, son ricos neste manxar de outono. Apañaron cogumelos en diversas zonas de Pozo do Pego e de San Pedro de Ribeira. Xa pola tarde os asistentes, que destacaron o proveitoso das xornadas micolóxicas, participaron nunha exposición e catalogación de todas as especies apañadas no CIRU.