Touro quere “consolidar” o seu equipo femenino de fútbol na nova tempada 2016/17

 

Fonte Díaz. 16/09/2016.
 
A S. D. Touro continúa a súa aposta polo fútbol femenino. O club está decidido esta tempada 2015/2016 a “consolidar e afianzar” o equipo na Liga Galega Femenina da Segunda Categoría, que este ano conta con tres grupos. “Queremos ir paso a paso, poquiño a pouco; para pensar no ascenso é cedo, pero non descartamos a curto prazo marcarnos tamén ese obxectivo”. Quen así fala é o presidente da S. D. Touro, Miguel Ángel Iglesias, quen destaca que o obxectivo desta nova tempada é afianzarse na categoría, tras rematar o pasado campeonato na metade da táboa.
 
Todo o Concello de Touro está volcado co equipo femenino de fútbol. “Os afeccionados están respondendo como non podíamos imaxinar”, engade o presidente da S. D. Touro, que tiveron a idea na pasada tempada e que tamén farán nesta, de programar na medida do posible os partidos das féminas cos do equipo de fútbol masculino. “E acuden arredor de 500 espectadores”. A cifra e moi elevada tendo en conta que no Concello de Touro viven 4.000 persoas.
 
O equipo femenino xa está listo para iniciar a tempada. Comenzou a medidados de agosto a preparación e as ganas de competir están por riba do 100%. Unha vintena de rapazas dos trece ata os 40 anos compoñen o equipo. A maioría son de Touro pero tamén hai xogadoras de Arzúa, O Pino ou Santiago de Compostela. “Combinamos a experiencia coa xuventude”, explica  Miguel Ángel Iglesias, quen lembra que durante a pretemporada falouse da posibilidade de que nos concellos próximos a Touro se formase algún equipo máis de féminas, sobre todo motivados polo éxito da iniciativa da S.D. Touro. Pero ao final, e xa próximos a iniciar a tempada, non se croncretaron a tempo eses proxectos. O presidente do equipo insiste en que o obxectivo para a tempada 2016/2017, que comenza esta fin de semana, está en “consolidar a nosa posición” e “logo xa pensaremos noutras metas”.
 
O adestrador, José Ramón Puga, é partidario de “xogar partido a partido” e dar “pasiño a pasiño” para ir afianzándose na categoría. Cree que é cedo para falar de metas máis ambiciosas. “Mantemos o mesmo bloque do ano pasado e eso é importante”, apunta o ‘mister’, quen tamén valora a aposta que están facendo as xogadoras. “Tres ou catro das nosas xogadoras recibiron ofertas de equipos máis fortes e máis importantes que o noso, e decidiron seguir xogando en Touro”, manifesta José Ramón Puga. “O compromiso de todos é o que nos fai creer neste equipo”. Por outra parte, o adestrador destaca que a pretempada foi “satisfactoria”. “Competimos ben contra equipos máis fortes e o balance é positivo”.
 
Pola súa banda, Mila, a capitana do equipo, tamén destaca o grupo “homoxéneo” e o “bloque” que se formou en Touro para xogar ao fútbol. “Afrontamos a nova tempada con moita ilusión”, engade. “A idea e ter un equipo competitivo de rapazas comprometidas”, destaca Mila, quen lembra que a maioría das xogadoras son de Touro e dos concellos próximos. “Temos que ir consolidándonos na categoría pouco a pouco e dar moita guerra”. “Merece a pena”, afirma e tamén destaca a labor do adestrador e da directiva. “A unión e a implicación de todos é o que nos fai máis fortes”.
 
O presidente da S.D. Touro aproveita para agredecer o apoio da xente de Touro e tamén do Concello. “Este proxecto está xerando moita ilusión”. A capitana tamén destaca a “ilusión” da xente. “Agredecemos moito que durante a tempada pasada tivéramos un apoio incondicional da afección”.
 
Miguel Ángel Iglesias convida a todos o afeccionados a acudir a campo de Loxo a animar ao equipo. “As portas do noso campo están abertas para todos os que quiera alentar ás nosas xogadoras”. A entrada é libre.