Desempregados de Touro, O Pino e Boqueixón xa están formados para buscar unha saída laboral na agricultura

Fonte Díaz. 29/09/2016.

Un grupo de 15 desempregados dos concellos de Touro, O Pino e Boqueixón recibiron hoxe en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, os diplomas e certificados do curso de Actividades Auxiliares en Agricultura incluido no Proxecto Rede Xiana impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia. As personas que iniciaron no mes de marzo o curso xa teñen a formación para  incorporarse ao mercado laboral sumándose a algún proxecto vinculado á agricultura ou coa posta en marcha dalgunha iniciativa de autoemprego dentro deste mundo.

 

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, entregou os certificados a animou aos participantes a tomar a iniciativa e desenvolver algún proxecto cooperativo. Destacou que o Concello apoairá iniciativas deste tipo. O rexedor tamén destacou as posibilidades laborais que ofrece o sector primario.

O curso combinou formación para mellorar as competencias persoais e profesionais con asesoramento personalizado e a realización de prácticas. Algúns dos asistentes xa toparon traballo durante o tempo que se desenvolveu o curso. Ignacio Codesido, tambén animou aos desempregados a aproveitar os coñecementos para poñelos en práctica. “Merece a pena buscar unha saída laboral”, apuntou Ignacio Codesido. O curso contou cun itinerario de inserción laboral. A formación durou arredor de seis meses, nos que se impartiron 330 horas de prácticas de agricultura, outras 200 horas de prácticas nunha empresa vinculada ao sector e un seminario de correo electrónico.