Máis de 100 persoas percorreron a ruta de Touro do programa Goza do Ulla

Fonte Díaz. 03/10/2016.

110 sendeiristas procedentes de Touro, dos concellos limítrofes e do resto de Galicia participaron onte domingo na ruta organizada polo Concello de Touro pogramada no ‘Goza do Ulla’, un proxecto de promoción do territorio que comparten todos os Concellos bañados polo río que divide as provincias da Coruña e Pontevedra e que nace na de Lugo. Ás 9.30 horas déronse cita os máis de 100 camiñantes ante a sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. O día non podía ser mellor. O sol lucíu durante toda a xornada. O roteiro programado foi o ‘Encontro do Lañas co Ulla e variante circular PRG 93’. Esta senda levou aos caminantes a unha viaxe pola natureza e a tradición, desvelando aldeas, a Ponte Basebe, a ribeira do Ulla, a fervenza do Inferniño e a corredoira de Basebe. Os sendeiristas percorreron arredor de 16 quilómetros. Unha boa parte dos caminantes xantaron no Pazo de Andeade. E xa apola tarde visitaron o Centro de Interpretación do Río Ulla, ubicado en Fonte Díaz. A xornada foi completa e rematou ben entrada a tarde.