O Concello de Touro constrúe unha senda en Bentín

Fonte Díaz. 13/10/2016.

O Concello de Touro afronta a construcción dunha senda en Bentín. A mellora do interior e dos accesos deste núcleo de poboación irá a cargo do presuposto do Plan de Obras e Servizos (POS 2015) aprobado no seu dúa polo pleno do Concello. Bentín contará cunha senda para a circulación de persoas que discurre polo interior no núcleo de poboación e que remata na AC-240. A obra, que estará rematada nas próximas semanas, tamén afronta a renovación da rede de sumidoiros. Os investimentos do POS inciden na reparación do interior de pequenos núcleos de poboación do Concello de Touro así como de diferentes vías de comunicación. O Concello de Touro trata de manter ao día a súa rede viaria a través destes investimentos. Así consigue favorecer a mobilidade dos veciños e veciñas que viven no municipio e impulsar tamén o seu desenvolvemento económico, basado fundamentelmente no sector primario.