Trinta nenos e nenas de Touro, de campamento en Porto do Son

Fonte Diaz. 08 de agosto de 2016.

Un grupo de trinta nenos e nenas do Concello de Touro sairon este fin de semana para disfrutar dunha semana de praia no Campamento Virxe de Loreto en Porto do Son. Os participantes, con idades entre os dez e os quince anos, disfrutarán do verán ao aire libre e compartindo xogos e diversión. Todolos anos o Concello de Touro, con apoio da Xunta de Galicia, facilita que os nenos e nenas interesados poidan pasar un dias nun campamento oficial.