Os ‘xenerais da Ulla’ lucen a cabalo os seus traxes napoleónicos no desfile da ‘Feira do Entroido’ de Fonte Díaz

Veciños e forasteiros achegáronse o 5 de febreiro ata Touro para disfrutar nunha mañán de sol dunha das citas clásicas do Entroido do Ulla

Touro. Febreiro de 2016. A capital de Touro, Fonte Díaz, viviu o día 5 de febreiro de 2016 a súa ‘Feira do Entroido’, unha cita xa obligada no entroido da comarca del Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ foron os auténticos protagonistas. O sol que brilou durante toda a mañán fixo que os traxes dos xenerais relucisen con máis forza. Una ducia de xinetes cos seus chamativos traxes napoleónicos e os seus típicos sombreiros adornados de coloridas plumas citáronse a partir das 12.00 horas frente á Casa do Concello en Touro. Numeroso público, veciños e visitantes, concentráronse nos arredores para coñecer aos protagonistas deste orixinal entroido rural. Tamén participaron con disfraces os nenos e nenas do Colexio Público Fonte Díaz e os nenos e nenas do PAI.

Os ‘xenerais’, procedentes das parroquias de Bama e Fao, iniciaron unha marcha polas rúas de Fonte Díaz, cheas de xente que chegou á capital de Touro para facer as súas compras e disfrutar da ‘Feira do día 5’ nunha mañán de sol en pleno inverno. Ao longo do recorrido lanzaron varios ‘vivas’. Un dos xinetes gritou: “Viva San Juan de Touro, y vivan todas sus gentes, también los que aquí llegaron de sitios tan diferentes”. E o público respondeu: “¡Viva!”. E outro tamén gritou: “Oigan señores digan todos a una sola voz: viva todos los que hacen posible los Carnavales de Touro y de toda la comarca del Ulla”. E de novo o público respondeu cun “¡viva!”.

No desfile que saíu e rematou no colexio tamén participaron nenas e nenos cos seus disfraces. E tamén estaban presentes maiores con todo tipo de adornos festivos para celebrar o entroido. Todos os días 5 de cada mes se celebrase en Fonte Díaz unna feria con postos que ofrecen todo tipo de productos aos visitantes. A feira de febreiro está adicada ao entroido. Tamén é típico degustar o pulpo que ofrecen os postos instalados nas rúas principales de Fonte Díaz. Ao desfile de hoxe en Fonte Díaz seguiralle a batalla dialéctica que vivirán os ‘xenerais da Ulla’ na parroquia de Fao. Será o martes de entroido, día 9 de febreiro.