A Deputación aporta 89.000 euros para obras de abastecemento en varias parroquias de Touro

A Coruña. Abril de 2016. Os concellos de Rois, Touro e Vedra son os beneficiarios de tres convenios de colaboración que a Deputación da Coruña aprobou en pleno e foron asinados en abril polos respectivos alcaldes co deputado responsábel da Área de cooperación cos Concellos, Xosé Regueira Varela.

O deputado nacionalista Xosé Regueira asinou o día 8 de abril un convenio co alcalde do Concello de Touro, Ignacio Codesido Barreiro e o obxecto do acordo é o financiamento da obra de reposición de tubaxe de abastecemento en Andeade, Cornado, Touro e outros. A Deputación achega con este fin 89.600 € dun total do orzamento de 112.000 €.

Máis información: https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=688