O próximo xoves, 16 de xuño, remata o prazo para apuntarse na VII Ruta Río Ulla en BTT que organiza o Concello de Touro

Fonte Díaz. 14/06/2016. O próximo xoves, 16 de xuño, ás 23.00 horas rematará o prazo para que os afeccionados ao ciclismo na natureza poidan participar na VII Ruta Río Ulla en BTT, que terá lugar o sábado, 18 de xuño, a partir das 16.00 horas. A esa hora está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. Os participantes percorrerán 40,5 quilómetros por plena natureza e acompañando en boa parte do percorrido o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Tamén haberá unha ruta curta de 29 quilómetros.

Os interesados, cunha idade mínima de 16 años, poden apuntarse na web www.emesports.es. Deben abonar seis euros e o prazo remata o próximo xoves, 16 de xuño, ás 23.00 horas. A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, ten unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén haberá unha ruta corta de 29 quilómetros e de dificultade técnica/física: media. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.

 

Tras a proba sortearanse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).

 

INSCRICIÓNS: http://emesports.es/event/vii-ruta-rio-ulla-btt-de-touro/