Nenos e nenas de Touro, na II Xornada de Pesca Infantil

Fonte Díaz. 22/05/2016. Uns trinta nenos e nenas de Touro,  de idades comprendidas entre os seis e os doce anos, participaron o domingo  22 de maio na II Xornada de Pesca Infantil, organizada polo Concello de Touro.  A actividade, que se desenvolveu nunha mañán asollada, comenzou ás 11.00 horas na Área Recreativa da Santaia. Alí concentráronse perto de trinta nenos e nenas co obxectivo de coñecer o mundo da pesca de río e de pasar unha mañá en contacto coa natureza. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente explicaron qué especies habitan nos ríos galegos e destacaron as características da troita autóctona. Previamente soltaron a primera hora da mañán  no río Lañas arredor de 200 troitas autóctonas procedentes do Centro Ictioxénico do Carballiño (Ourense). Os nenos e nenas pescaron exemplares de troita, participaron na xornada de pesca e atenderon ás explicacións e consellos dos técnicos de Medio Ambiente. Foi unha xornada didáctica sobre natureza.