ENMAXIARTE

Un dos espectáculos revelación no mundo da maxia da man de Dani Polo

Finalista do programa Pura Magia de TVE

 

Onde?             Casa da Cultura, Fonte Díaz

Cando?           Venres 13 de novembro ás 17 horas

Público?          Infantil-Familiar

Tempo?           75 minutos

Inscricións no 981 81 45 66 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Un show completamente novidoso, con efectos máxicos realmente asombrosos e unha posta en escena de alto nivel.

Un espectáculo para toda a familia onde se mesturan diferentes elementos: maxia participativa, humor e ilusións de gran impacto. Sen dúbida un plan perfecto para ilusionarse e viaxar polas diferentes ramas da arte da maxia.

A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.