SOMOS IGUAIS

Contacontos con Raquel Queizás

Onde?                                  Praza do Luar, Fonte Díaz

Cando?                                 Mércores 30 de setembro ás 17 horas

Público?                               Infantil e familiar (+4 anos)

Tempo?                               50 minutos

Para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Desmontemos cos contos eses estereotipos que  dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.

A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.