XIII Concurso de fotografía Touro en imaxes

O Concello de Touro puxo en marcha o pasado 20 de xullo unha nova edición do seu concurso de fotografía “Touro en imaxes” que neste ano cumpre 13 edicións. Este concurso xurde co obxectivo de promocionar os seus recursos histórico - culturais e naturais, ao mesmo tempo que contribúe a creación artística. Os/as afeccionados/as e amantes da fotografía teñen de prazo ata o venres 9 de novembro para presentar os seus traballos.

O XIII concurso de fotografía “Touro en imaxes” consta de dúas categorías: xuvenil (12-18 anos) e adultos (maiores de 18 anos). Cada categoría consta de dous apartados, un de natureza e outro de patrimonio histórico - cultural. Os premios na categoría de adultos son 300€ en cada apartado e na cada categoría xuvenil son unha cámara de acción deportiva en ambos apartados.

Os traballos presentados formarán parte dun arquivo creado para uso municipal e tamén terá lugar unha exposición cos traballos premiados e as fotografías presentadas ó concurso.

Ver Bases do XIII Concurso de fotografía Touro en imaxes

Attachments:
Download this file (BASES_CONCURSO_DE_FOTOS_2018.pdf)Bases concurso de fotos 2018.pdf[ ]124 kB