Nenos e nenas de Touro, de campamento en Ribadeo

Fonte Diaz. 03 de agosto de 2018. Un grupo de trinta nenos e nenas do Concello de Touro, xunto cos monitores, disfrutarán de dúas semanas de praia no Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo. Os participantes, con idades entre os sete e os catorce anos, disfrutan do verán ao aire libre e compartindo xogos e diversión. Saíron onte de Touro e voltarán o próximo 14 de agosto. O campamento atópase a 100 metros das praias de Reinante e As Catedrais. O aloxamento é en tendas de campaña. Todos os anos o Concello de Touro, con apoio da Xunta de Galicia, facilita que os nenos e nenas interesados poidan pasar un días de descaso e xogo nun campamento oficial.