Convocatoria de axudas Leader 2018-2019

Con data 28 de de decembro de 2017 publicouse a convocatoria de axudas Leader 2018-2019, xestionada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. O Concello de Touro pertence a este GDR.

A convocatoria Leader 2018-2019 está dotada cun total de 694.982,47 € para o financiamento de proxectos produtivos de creación ou mellora de negocios no rural, para os cales está destinado o 75% dos fondos dispoñibles, así como para proxectos non produtivos promovidos por asociacións sen ánimo de lucro ou Concellos, para o cal se destina o 25% restante.

Os proxectos presentados ata o 31 de marzo solicitando unha axuda Leader seleccionaranse en concorrencia competitiva. Non obstante, o prazo de solicitude de axudas está aberto todo o ano.

Todas aquelas persoas de Touro que desexen promover un proxecto empresarial, a creación do seu propio negocio ou a mellora dun xa existente, poden dirixirse ó GDR Ulla Tambre Mandeo para recibir asesoramento sobre a solicitude e características das axudas Leader nos seguintes enderezos de contacto:

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: (+34) 981 511 377

Oficina técnica: Avenida de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino

Características dos proxectos, dos beneficiarios e das axudas:

 

Requisitos dos proxectos:a) Estar localizados no territorio do GDR que abrangue Touro, O Pino, Arzúa, Boimorto, Vilasantar, Melide, Sobrado, Toques e Santiso, b) Ser viables, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados (é moi importante facer a solicitude antes de comezar!) e) Ser finalistas.

Poderán ser beneficiarias das axudas:a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.

Intensidade da axuda:

-Para proxectos produtivos, a axuda variará entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.

 -Para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.