Fauna

A variedade faunística do concello de Touro é moi similar á que aparece no centro de Galicia. Esta fauna está influenciada por moitos factores, onde o máis determinante é o factor antrópico.

Nunha contorna tan privilexiada en correntes de auga e co sinal que lle dá o río Ulla, é natural que falemos da relevancia dos seus recursos pesqueiros, sen esquecernos de anfibios e outros mamíferos acuáticos como as nutrias. Así, entre as especies de caza destacar o porco bravo, a perdiz, o coello, a lebre ou o raposo, e entre as de pesca, a troita ou o salmón.

 

Para máis información www.touroturismo.com e no Centro de Interpretación Río Ulla

PAPORRUBIO DE NOVEFONTES-LM ALONSO