Xunta de Goberno

I.- CONSTITUCIÓN XUNTA DE GOBERNO LOCAL.

En data 1 de xullo de 2015, o Pleno do Concello, o Pleno do Concello adoptou o acordo de constituír a Xunta de Goberno Local nos seguintes termos:

“Dáse lectura á proposta do señor Alcalde de creación da Xunta de Goberno Local. Pola señora concelleira Dª Gemma Verónica López de Fuentes maniféstase a súa intención de absterse aínda que entende que debe existir, pero que entende que se debe outorgar máis protagonismo ao Pleno, con menos reunións da Xunta de Goberno.

 

De conformidade co establecido no artigo 20.1.b) da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 59 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, o Pleno, por oito votos a favor (PP) e tres abstencións (BNG e PS de G-PSOE), acorda:

Primeiro.- A creación da Xunta de Goberno Local como órgano integrante da organización municipal e con tódalas competencias que lle son inherentes e que, no seu caso, lle sexan delegadas conforme á lexislación vixente.

Segundo.- A Xunta de Goberno Local estará integrada polo Alcalde e tres concelleiros nomeados polo mesmo, de acordo co establecido no artigo 23.1 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local.

Terceiro.- A Xunta de Goberno Local celebrará sesións ordinarias dúas veces ao mes, cun intervalo mínimo de quince días, no horario que determine o Alcalde. Así mesmo celebrará as sesións extraordinarias que sexan convocadas polo señor Alcalde de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Cuarto.- Publíquese no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa inmediata entrada en vigor desde a data en que se aprobe polo Pleno da Corporación.”

 

Por decreto da Alcaldía de data 1 de xullo de 2015 polo señor Alcalde designáronse os membro da Xunta de Goberno, tenentes de Alcalde e delegados da Alcaldía, nos seguintes termos:

“De conformidade co establecido na Lei 7/1985 e de ser aprobada a creación da Xunta de Goberno Local polo Pleno do Concello, RESOLVO:

Primeiro.- Designar membros da Xunta de Goberno Local ós concelleiros seguintes:

- D. Jesús Martínez Pereira.

- D. Alfredo Souto Castelo.

- Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

 

Segundo.- En aplicación do establecido no artigo 46 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, designar tenentes de Alcalde ós seguintes membros da Xunta de Goberno Local:

- Primeiro Tenente de Alcalde: D. Jesús Martínez Pereira.

- Segundo Tenente de Alcalde: D. Alfredo Souto Castelo.

- Terceiro Tenente de Alcalde: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

 

Terceiro.- Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, modificada pola Lei 11/1999, de 21 de abril:

a) A aprobación da oferta de emprego público, de acordo co presuposto e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, a aprobación das bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo, competencia incluída dentro de artigo 21.1,g).

b) Delegar, así mesmo, as competencias establecidas nos apartados j), o) e q) do mencionado artigo 21.1.

c) Delegar, ademais, o desenvolvemento da xestión económica de acordo co presuposto aprobado e a disposición de gastos dentro dos límites da súa competencia, coa excepción da aprobación daqueles gastos que correspondan por razón da contía á Xunta de Contratación e Compras e de aqueles outros que polas necesidades da xestión municipal no poida demorarase a súa aprobación, execución ou contratación, por razón do funcionamento operativo dos servicios.

 

Cuarto.- Designar delegados da Alcaldía aos seguintes concelleiros nas materias que se relacionan a continuación:

- Delegado de cultura: D. Jesús Martínez Pereira.

- Delegado de servicios sociais, igualdade de xénero e familia: D. Manuel Puga García.

- Delegada de deportes: Dª Adela Isabel Iglesias Tojo.

- Delegado de agricultura e medio ambiente: D. Alfredo Souto Castelo.

- Delegado de facenda e contas: D. Raúl Maximino Míguez López.

- Delegada de promoción de emprego e turismo: Dª María Josefa Codesido Barreiro.

- Delegada de educación: Dª María Victoria Pazos Pérez.

 

Mandouno e firma o señor Alcalde, D. Ignacio Codesido Barreiro, en Touro, a primeiro de xullo de dous mil quince.”

Á vista dos antecedentes queda constituída a Xunta de Goberno Local nos termos aprobados polo Pleno e cos compoñentes e atribucións que se derivan do decreto da Alcaldía.

 

Máis información na sede elctrónica: Constitución de Xunta de Goberno local