Ruta de senderismo de Calvos

    • LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE:

 

Dita ruta vai transcorrer a través da parroquia de Calvos, que tamén está bañada polas augas do río Ulla.

A accesibilidade vai ser boa en case todo o traxecto, aínda que se poden atopar zonas menos accesibles debido á maleza, aínda que son as que menos, xa que, practicamente todo o traxecto discorre por zonas habitadas.

 

 

  •  
    • DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:

 

Esta ruta desenvólvese a través da parroquia ante mencionada, nun percorrido duns 6 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes:

 

  •  
    •  
      • Muíño de Calvos.

      • Aldea de Vilar.

      • Aldea de Xunqueira.

      • Igrexa de Calvos.

      • Pazo de Rosende

      • Fervenza de Rosende.

      • Canón do Ulla.

 

 

  •  
    • GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

 

Este é un recurso turístico que presenta pouco grao de explotación, a pesares de que, cando se ofertaron este tipo de rutas, esta tivo bastante acollida pola poboación. Pero, actualmente, a creación de novas rutas máis complexas, fixo que esta quedara practicamente en desuso.

A promoción desta ruta correu a cargo do concello na súa publicación anual “Revista Anuario 1997”.

 

  •  
    • POSIBILIDADE DE EXPLOTACIÓN E ATRACCIÓN TURÍSTICA

 

A atracción turística deste recurso pode ser moi elevada, pero debe ir de man da promoción e acondicionamento da ruta, así como o seu impulso cara fóra do concello.