Ruta alternativa do camiño de Santiago

    • LOCALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE:

 

Dita ruta vai transcorrer a través das parroquias de Beseño,Quión, Touro, Loxo e Bama, é dicir, polas parroquias máis setentrionais e máis cercanas ó traxecto oficial da Ruta.

A accesibilidade, na maior parte da ruta é boa, xa que discorre maiormente pola carreteira ou por pistas asfaltadas.

 

  •  
    • DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:

 

Esta ruta desenvólvese a través das parroquias antes mencionadas, nun percorrido duns 30 kilómetros, onde podemos destacar varias etapas con paradas importantes, que van quedar fóra do percorrido da ruta, xa que esta segue a carreteira principal:

 

  •  
    •  
      • Capela e fonte de Santa Isabel (Beseño).

      • Igrexa de San Félix de Quión ( Quión).

      • Igrexa de San Xoán de Touro ( Touro).

      • Igrexa de Santa María de Loxo ( Loxo).

      • Capela de San Sebastián ( Loxo).

      • Igrexa de San Vicente de Bama(Bama).

      • Capela e fonte de San Isidro ( Bama).

      • Capela, fonte e Área Recreativa de Brandelos (Prevediños).

      • Igrexa de San Miguel de Vilar( Vilar).

 

 

 

  •  
    • GRAO DE EXPLOTACIÓN E PROMOCIÓN

 

Este é un recurso turístico que presenta un considerable grao de explotación, xa que, moitos dos peregrinos que se achegan a Santiago, ben sexa por primeira vez ou repetindo experiencia, improvisan novos camiños e rutas para contemplar novas paisaxes e diferentes lugares ós dos trazados na ruta oficial.

A promoción desta ruta é escasa, xa que, oficialmente non é considerada como tal, e soamente se considera como ruta alternativa.

 

 

  •  
    • POSIBILIDADE DE EXPLOTACIÓN E ATRACCIÓN TURÍSTICA

 

A atracción turística deste recurso non é demasiado elevada, xa que, ten máis importancia o trazado oficial desta ruta, e só uns poucos peregrinos a realizan, aínda que sería unha bo recurso a explotar.