RUTA DE TOURO

Transcorre polas parroquias de Touro, Quión, Beseño e Turces. A accesibilidade é moi boa nos 12 km. desta ruta, podendo realizarse a pé, en bicicleta ou en coche, xa que discorre no seu maior parte a través de pistas e estradas.

Elementos a destacar son a Igrexa e Casa Reitoral de San Xoán de Touro, na aldea de Barral e a Igrexa de San Félix de Quión; muíños como o Muíño de Rozas ou o Muíño de Laña de Abaixo, nas aldeas do mesmo nome; a Fonte de Valladolid; a contorna de Augasantas na parroquia de Beseño; o Centro Agroturístico Arquesán, na parroquia de Turces; e aloxamentos de turismo rural como Casa Miguez na parroquia de Quión, Casa A Pena, na parroquia de Beseño ou o Pazo de Andeade.

Unha variante circular, con saída desde o Concello de Touro, discorre polas aldeas de Barral e Santaia, a ribeira do Lañas, a aldea de Bustelo e regresa ao centro de Touro. É moi fácil de realizar e mestura elementos culturais e arquitectónicos con natureza.