Touro a escena: Mestre ma non troppo

 O venres 26 de novembro volvemos ter teatro familiar na Casa da Cultura!

 

Mestre ma non troppo é unha comedia triste, un sorriso acedo que nos acompaña de volta á casa convidándonos a pensar sobre a nosa propia actuación e sobre as nosas metas. Na sociedade dos “talent show”, que estimula a competitividade desde idades temperás coma “modus operandi” está mal visto ser un perdedor. Ninguén nos educa para asumir a derrota o que xera en nós un mecanismo de defensa que nos impide recoñecer os nosos erros e limitacións. Un mestre da guitarra. A presión por ser o mellor. Expectativas non cumpridas.

 

Este é un espectáculo centrado na poética do fracaso. Unha comedia triste que rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca. Son os perdedores natos. Aos que nin o halo romántico que sempre envolve aos fracasados, lles reporta o consolo da compaixón allea.


Chama xa, que as prazas son limitadas!