Música no Camiño do Holandés-Eurovelo

A primeira gran festa do Camiño e a Música Tradicional no Concello de Touro.

O sábado, 27 de xullo, gozaremos dun especial percorrido do Camiño da man da Música Tradicional no Campo da Festa de Fonte Díaz.

Dende as 21 horas, contaremos cos grupos A Pinguela de Bama, As Nenas do Sapo Dourado, Tanto Nos Ten e Os da Porfía, grupos de música da nosa terra que comparten o compromismo da difusión da tradición galega. Unha noite para o intercambio cultural entre a sociedade local, os peregrinos e visitantes.

Estades todos/as convidados/a a gozar desta gran noite.