Caramuxo Teatro presenta: FEO!

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo de pequeno formato, inspirado en "O Parrulo Feo" de Hans Cristhian Andersen, para nenos/as a partir de 3 anos e familias.
A pequena fábrica de parrulos de Goma "II Papero Giallo" produce tódolos días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente....
Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.