Luns 5 de Novembro X Feira da castaña

As cores, cheiros e sabores de outono, en todas as súas variantes, farán as delicias de todos os que se acheguen a gozar desta especial xornada de exaltación dos nosos produtos máis típicos do outono.
Como cada ano, o concello de Touro, rende homenaxe a un dos seus produtos estrela, a castaña. Contando coa inestimable colaboración das tres cuadrillas de cazadores de Touro e seus hostaleiros, durante ese día poderán degustarse menús elaborados ex profeso, nos que os ingredientes principias serán os produtos da estación.
Un día para degustar castañas asadas e produtos do outono así como doces elaborados con ingredientes típicos desta estación.
Se estás interesado/a en participar connosco, na elaboración dos doces, infórmate no concello ou no teléfono 981.81.45.66.

 

Ver imaxe en tamaño completo