O Concello de Touro organiza un ciclo de teatro durante o outono

Fonte Díaz. 21/09/2017. O Concello de Touro organiza un ciclo de teatro durante este outono co obxectivo de incentivar entre os veciños a afección por esta arte escénica e tamén para o desfrute dos habitantes do Concello. O ciclo desenvolverase todos os domingos de outubro e o primeiro de novembro. E pola Casa de Cultura de Touro, sempre ás 18.30 horas, pasarán obras e compañías que farán as ledicias da xente de Touro. O forasteiros que queirán desfrutar do teatro tamén teñen un lugar. A primeira función está programada para o día 8 de novembro. A obra será Luppo, que correrá a cargo da compañía Baobab Teatro. A seguinte será o 15 de outubro: Falar sen cancelas de Culturactiva. O 22 de outubro tocaralle o turno a Rueiro das Liortas da compañía Elefante elegante. Para o 29 de outobro está prevista a presencia do Mago Xacobe con Ilusións máxicas. E o ciclo pecharase o 5 de novembro con Martes, da compañía Baobab Teatro. Touro conta cunha longa tradición teatral. En 2016 acolleu unha Mostra de Teatro Escolar. E conta cunha Aula de Teatro no CPI Fonte Díaz de Touro, onde os nenos e nenas viven dende pequenos a experiencia do teatro.

 

Foto: Participantes da Mostra de Teatro Escolar celebrada en Touro en maio do 2016.