Máis de 50 persoas participan activamente nas XIII Xornadas Micolóxicas de Touro

Fonte Díaz. 19/11/2017. Medio centenar de afeccionados á natureza e aos cogumelos participaron o domingo 19/11/2017 activamente nas XIII Xornadas Micolóxicas organizadas no Concello de Touro. Ás 10.00 horas da mañán comenzou a charla informativa impartida polo micólogo Jaime Blanco Dios, un dos referentes no mundo dos cogumelos en Galicia. Durante unha hora fixo un repaso polas variedades máis frecuentes que se poden atopar nos bosques de Touro. Foi no Centro de Interpretación do Río Ulla. Ao rematar a charla comenzou unha ruta sobre o terreo polos montes de Touro. O lugar escollido: os arredores do Ulla, onde máis posibilidades hai de atopar diferentes variedades de cogumelos, fundamentalmente gracias á humidade do río e a outros factores. Durante casi dúas horas os participantes nas XIII Xornadas Micolóxicas apañaron todo tipo de cogumelos. Xa posteriormente adicaron un tempo a clasificalos e selecciónalos. Veciños e forasteiros disfrutaron dun día asollado en plena natureza e na procura de cogumelos.