A Banda de Música Isabel II de Touro ofrece o Concerto de Santa Icía e celebra o seu XV Aniversario

Fonte Díaz. 20/11/2017. A Banda de Música Isabel II de Touro foi a protagonista o domingo (19/11/2017) na celebración de Santa Icía, patrona da Música. O concerto serviu tamén para celebrar o XV aniversario da formación musical, que interpretou un selecto repertorio de pezas musicais ante numeroso público que se achegou ata a Casa da Cultura de Touro. Asistiron, ademáis de veciños e forasteiros, o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, e o presidente da Asociación Banda Isabel II de Touro, Manuel Rodríguez Calvo. Na celebración dos 15 anos da Banda coincidieron os seus directores. O actual director Ramón López Couso, e o anterior, José Lodeiro Gesto, que agora está ao fronte da Banda de Música de Bandeira. Foi unha tarde para a lembranza e para o disfrute da música das bandas. O concerto tamén serviu para honrar a santa Icía, patrona dos músicos e da Música. Todos os ano o Asociación Banda Isabel II de Touro organiza este concerto nestas datas así como outras actividades ao longo do ano no que a música e a propia formación musical son os protagonistas. Santa Icía celébrase o  próximo mércores, 22 de novembro.