19 de novembro - Xornadas Micolóxicas

Para os máis concienciados coa natureza ou os desexosos dun maior coñecemento da contorna de Touro, nada mellor que gozar coa súa décimo terceira edición das xornadas micolóxicas, que consistirá nas seguintes actividades:

· Charla informativa impartida por Jaime Blanco Dios (experto en micoloxía e autor de varias obras)

· Roteiro para a recollida e ulterior clasificación dos cogomelos

Inscricións: 981 814 566

Data: 19 Novembro
Lugar: Centro de Interpretación Río Ulla
Hora: 10:00 horas