O piloto Manuel Souto Paderne, da escudería Rois Perepe Sport, gaña o XIX Slalom Concello de Touro

Centos de afeccionados procedentes de toda Galicia acudiron onte a Fonte Díaz nun asollado día para presenciar a xa clásica proba automobilística 

O piloto Manuel Souto Paderne (vehículo número 14), da Escudería Rois Perepe Sport, fíxose o sábado 11 de novembro en Fonte Díaz, co XIX Slalom Concello de Touro. Gañou a proba conducindo un Citroën C2 e cun tempo de 1.42.072. O subcampeón foi Pablo Castro Pajón (coche número 1), cun tempo de 1.42.673. Este piloto da escudería As Pontes Motorsport utilizou un Citroën AX. O terceiro posto foi para Francisco Pico López (coche número 2), tamén da escudería As Pontes Motorsport, cun tempo de 1.44.513. Utilizou un Citroën AX. O cuarto lugar ocupouno Joel Souto Sánchez, con tempo de 1.45.078. Este piloto da escudería Desguaces Tino Racing utilizou un Peugeot 106 S16. O gañador, Souto Paderne, no é habitual nas probas de Slalom do Campionato Galego. Sí participa no Campionato de Galicia de Rallyes.

Na proba automovilística, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2016, participaron 30 pilotos procedentes de toda Galicia e de Asturias. O Campionato de Galicia de Slalom, antes da proba do Concello de Touro, estaba liderado por Pablo Castro Pajón, con 1.256 puntos, que quedou segundo en Touro. Síguelle en segundo lugar, Francisco Pico López, con 1.1216 puntos, terceiro en Touro. E o terceiro lugar é de Joel Souto Sánchez, con 712 puntos, que foi cuarto na proba que se corre nas rúas de Fonte Díaz. Tras a proba de Touro, Pablo Castro Pajón consolídase como líder do campionato e Francisco Pico tamén se afianza no segundo posto da xeral. Para rematar o campionato queda unha única proba de Slalom. Souto Sánchez tamén se asegura o terceiro posto da xeral. Manuel Souto Paderne, o vencedor en Touro, non participa con regularidade nas probas de Slalom.

Centos de persoas disfrutaron dunha proba automobilística nun día asollado e con boa temperatura, o que axudou a que os afeccionados ao motor achegáranse ata Fonte Diaz, capital del Concello de Touro, onde estivo instalado o circuito urbano de 1,7 quilómetros sobre asfalto. Este Slalom Concello de Touro é unha proba xa clásica no calendario. Patrocinado polo Concello de Touro, a organización da proba levouna adiante a escudería Touro Motor, unha das firmas máis activas do panorama automobilístico en Galicia. O seu presidente, Ramón González, destacou a afluencia de público e de pilotos e apostou pola consolidación desta cita automovilística, que o próximo ano cumplirá a súa vixésima edición.

Prensa Concello de Touro: 679.486.961.