Veciños de Touro visitan o Norte de Portugal

O Concello de Touro organiza para setembro excursións ao parque acuático de Cerceda e a Asturias

Un nutrido grupo de veciños de Touro visitaron o Norte de Portugal o pasado sábado, 29 de xullo, nunha excursión organizada polo Concello. Os viaxeiros, que saíron de Touro a primeira hora da mañán, coñeceron Viana do Castelo e Valença do Minho. Na cidade fronteiriza visitaron a Fortaleza, onde poideron facer algunha compra. Os veciños de Touro disfrutaron dun sábado soleado no país veciño.

O Concello de Touro organiza para las próximas datas dúas novas saídas.

O 9 de setembro está prevista unha excursión ao parque acuático de Cerceda.

Poderán apuntarse todos os veciños interesados e menores acompañados dun adulto.

As inscripcións poden facerse ata o 29 de agosto no departamento de Cultura ou no teléfono: 981.514566.

Asimesmo para setembro está programada unha excursión a Asturias. Será o 23 e 24 de setembro e poderán visitarse as localidades de Xixón, Cudillero, Cangas de Onís e Covadonga.

O prazo para apuntarse remata o 14 de setembro e deberá facerse no Departamento de Cultura ou no teléfono: 981.814566.