Touro viviu o seu XV Festival de Bandas

Centos de veciños e visitantes disfrutaron o último domingo de xullo en Fonte Díaz da música interpretada polas bandas de Santa Cruz de Ribadulla, Visantoña e Touro

Touro. 31 de xullo de 2017. Os veciños de Touro e os visitantes que se achegan no verán ata o Concello viviron e disfrutaron onte pola tarde da música do seu XV Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo Concello de Touro. A cita musical é xa unha tradición en Touro nestas datas de finais de xullo. A tarde de verán estivo chea de luz tamén achegada pola fermosa música interpretada polas bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu ao concerto das tres bandas. Pasadas ás cinco e media da tarde, tras un corto pasarrúas das tres formacións, comenzou o festival.

Centos de veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, baixo a batuta de José Rodríguez Ramos. Os xóvenes músicos interpretaron os siguientes temas: Enrique López, El tambor de granaderos, Caballería Ligera, Segunda suite para banda y Muiñeira de Pendellos. Lle seguiu a Banda de Música de Visantoña, que dirixiu Iván Pantín Vázquez. E interpretou os temas: Ponteareas, Danzón nº 2, Rapsodia galega e Variazzione in blue. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro, con Ramón López Couso, o seu director, ao frente. O repertorio interpretado: La primitiva, A boda de Luis Alfonso, Les mireserables e Namoriqueira. As tres bandas colleitaron os aplausos do numeroso público, que disfrutó de una tarde de música y de verán na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música. O Festival de Bandas do Concello de Touro voltará outra vez no verán do 2018.