A plataforma online de lectura GaliciaLe facilita o acceso a todos os títulos das bibliotecas públicas

Todos os galegos e galegas que o desexen teñen a posibilidade de acceder a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, á que ata o de agora únicamente podían acceder os usuarios. Esta medida enmárcase na campaña aculturasegue, que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa con motivo da crise sanitaria do coronavirus. O obxetivo: ofrecer unha programación de ocio e cultura a través de internet que chegue a todos os fogares de Galicia.

Os galegos poden descargar e visionar nos sus ordenadores, tabletas ou móbiles obras en formato dixital de temáticas diversas que cubren umha ampla gama de intereses e idades. GaliciaLe conta con máis de 4.500 títulos, dos que a maioría están en galego e castelán, pero tamén en inglés, portugués, francés, italiano, catalán e vasco. Ofrece asimemos 31 revistas e 300 audiovisuais feitos en Galicia.

https://www.galiciale.gal/